Vostede está en
  1. Inicio
  2. Actividades
  3. MUNCYT Coruña

A noite de Chaika, astronomía e theremin

Valentina Tereshkova
  • Imagen 1
  • Imagen 2
  • Imagen 3
  • Imagen 4

Nas verbas de Valentina Tereshkova “calquera que pase algún tempo no espazo amarao o resto da sua vida”. Para logralo, iremos de viaxe espacial guiados polo especialista en astronomía Dosi Veiga aos mandos, acompañado polo intérprete de theremin Paulo Pascual como copiloto, como se do Vostok 6 se tratase.

55 anos atrás, a cosmonauta soviética Valentina Tereshkova, alcumada Chaika, estaría a se preparar para sair ao espazo, sendo a primeira muller en logralo a bordo do Vostok 6 o 16 de xuño de 1963. Adiantámonos á data do lanzamento para festexalo co físico Dosi Veiga, que nos levará de viaxe a través de fotografías astronómicas (APOD NASA 2017), acompañado de Paulo Pascual ao theremin para ambientar o noso voo.

O APOD da NASA é unha das webs máis antigas (desde 1995) que funciona de forma continuada. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada, o que ao longo dun ano permite construir con estas fotos un percorrido polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia.

O theremin é un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos que se controla sen necesidade de contacto físico do intérprete co instrumento. O seu nome deriva do nome do seu inventor, o físico e músico Lev Sergeyevich Termen (1886-1993) que inventou o denominado aetherophone no 1919. Ademais da sua relevancia como artefacto tecnolóxico, o seu son etéreo e inquietante, case doutro mundo, resona na memoria a través das bandas sonoras de películas de ciencia ficción e cine negro.

Dosi Veiga - APOD NASA 2017. Licenciado en física pola USC, conta con máis dunha década de actividades de divulgación científica. Principal responsable da traducción ao galego do APOD (Astronomical Picture Of the Day) da NASA desde abril de 2011 e entre 2007 y 2010 colaborou tamén coa versión en castelán. Colabora como socio en varias asociacións de astrónomos afeccionados e forma parte da xunta directiva da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT). É ademais o artífice de “Ceos Galegos”, un proxecto de divulgación científica e ciencia cidadán.

Paulo Pascual – Modulador de Ondas – Música, imaxe e divulgación. Conta cun repertorio de temas propios utilizando dous instrumentos: theremin e guitarra. Esta combinación potenciase co uso de loop stations que lle permite facer música a base de capas de son. Paulo Pascual está implicado en diversos proxectos, entre eles a realización de concertos con repertorio audiovisual propio, cine musicado en directo ou a realización de talleres e cursos.

 

Crédito Imaxe 3: Sara Roca

Volver
FECHA

Viernes 25 de mayo de 2018

HORARIO

19:30h

CONTACTO

689 578 727

DIRECCIÓN

MUNCYT Coruña

Cómo llegar

UBICACIÓN

MUNCYT Coruña

PRECIO

ENTRADA GRATUITA

Enlaces relacionados

COMPARTE ESTE CONTENIDO

Pinterest pin it

Muncyt en la redes sociales

Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Facebook
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Flickr
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Pinterest
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Instagram
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Youtube
© 2020 Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades