Vostede está en
  1. Inicio
  2. Actividades
  3. MUNCYT Coruña
  4. Conferencias

¿Estás seguro do que ves? en MUNCYT Coruña

Reunión Jovenes Investigadores Gallegos

"¿Estás seguro do que ves?", con Casto Rivadulla

A percepción do mundo que nos rodea non é mais que a ilusión que crea o noso cerebro en cada momento. Asumimos que o que sentimos corresponde coa realidade, pero podería non ser así, de feito cada cerebro como ente único crea a súa propia realidade. Nesta charla, apta para persoas de tódalas idades con cerebro en condicións de sentir, falaremos de percepcion, de ilusións, de maxia, de enganos da mente…… e poñeremos en dúbida a fiabilidade dos nosos sentidos.
Casto Rivadulla é profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia. Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, becario Fullbright no MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts), actualmente membro do grupo de Neurociencia e control motor da UDC. Interesado en comprender como os sistemas sensoriais codifican a información que lles chega do exterior para alcanzar a consciencia. Tamén participou en estudos relacionados coa enfermidade de parkinson ou os mecanismos implicados no soño. Como divulgador foi comisario da exposición “O mundo na túa cabeza” realizada en colaboración coa dirección xeral de I+D da Xunta de Galicia para conmemorar o centenario da concesión do premio nobel a Santiago Ramón y Cajal (2006). 2º premio no IV Certamen "Teresa Pinillos" de divulgación científica e humanística, Ensaya’08. Un dos creadores, organizadores, participantes dos cafés teatro científicos, unha das actividades de divulgación científica con máis éxito e repercusión dos últimos anos en Galicia, seleccionada por FECYT como “práctica inspiradora” para a divulgación da ciencia.

Para público. Entrada libre hasta completar aforo
Salón de actos (3ª planta)

Volver
FECHA

Miércoles, 27 de diciembre de 2017

HORARIO

16:00 h

DIRECCIÓN

MUNCYT Coruña

Cómo llegar

UBICACIÓN

MUNCYT Coruña

PRECIO

ENTRADA GRATUITA

Enlaces relacionados

COMPARTE ESTE CONTENIDO

Pinterest pin it

Muncyt en la redes sociales

Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Facebook
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Flickr
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Pinterest
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Instagram
Su navegador no soporta, o no esta configurado para mostrar inline frames, si desea visualizar el contenido debe acceder a Youtube
© 2018 Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades